domingo, 26 de diciembre de 2010

Adornos de Nadal 7: marcapáxinas



Materiais:
Follas de revistas e folletos publicitarios, retais de cartón, cartuliña, papel de regalo, teas, cintas de cores, cordóns...
Os marcapáxinas poden ser os típicos retangulares ou podemos empregar formas tanto xeométricas coma irregulares.
Canto máis complexa éa forma, máis consistente debe ser o material para que nonse deteriore rapidamente.
Podemos empregar o marcapáxinas para escribir un refrán, unha cita que nos chamara a atención nas nosa lecturas, unha frase célebre, etc.
Os alumnos de informática poden diseñar coa axuda do ordenador os seus propios marcapáxinas.

Adornos de Nadal 6: coroa de estrelas de origami




Obradoiro de tarxetas de Nadal (5)

Materiais:
Cartón, cartuliñas, papel de regalo, teas, pegamento (cola ou goma arábiga), tesouras, rotuladores, lapis de cor...

Técnicas:
Collage, origami (papiroflexia), kirigami e calquera otra ocurrencia.
O obxectivo final é o desenvolvemento da creatividade e a estimulación da coordinación mente-mans.
Os máis habilidosos poden realizar pequenas plantillas que servan ós compañeiros para iniciarse.


Obradoiro de tarxetas de Nadal (4)





miércoles, 22 de diciembre de 2010

Obradoiro de tarxetas de Nadal (3)



Os alumnos do Obradoiro de Informática realizaron tarxetas similares en Word ou en Power Point, segundo os niveis, coa axuda dos alumnos do Postgrao de Xerontoloxía da USC en prácticas.

Obradoiro de tarxetas de Nadal (2)


Tódalas tarxetas foron realizadas con materiais de desfeita

Obradoiro de tarxetas de Nadal




miércoles, 17 de noviembre de 2010

Os Diarios de Mariana Canabal


De como miña avoa me aprendeu xeometría...
"Como apuro podía andar, á tardiña miña avoa sentábase a carón da lareira e ía, pouco a pouco, golpeando co seu caxato as hachas que estaban ardendo para que fora caíndo a cinza, que esparcía regularmente sobre a pedra, tamén coa axuda do bastón, ese era o seu lenzo de debuxo, logo rascaba o extremo do caxato contra a pedra para darlle forma apuntada e comezaba a debuxar sobre a cinza...
Segundo o grao de inclinación de caxato podía conseguir liñas máis finas ou máis grosas; conseguía tramas e texturas...
"Trazaba liñas rectas, curvas ou onduladas, á súa vontade, pois o pulso non lle quebraba; cadrados, rectángulos, triángulos nos que incribía un círculo; marcaba puntos que logo unía entre si facendo un complexo entramado.
"Outras veces debuxaba peixes, corazóns ou calquera outra cousa e pedíame que adiviñara de que se trataba. De cando en vez, facíame trampa, pois comezaba a trazar unha figura desde un punto inesperado e finalmente resultaba algo completamente distinto do que eu pensaba.
"Cando unha figura estaba completa, despois de comtemplala uns intantes, facíaa desaparecer pasándolle o extremo do caxato por enriba...
"Tamén me aprendeu a coñecer as letras e logo as sílabas e as palabras do mesmo xeito.

miércoles, 22 de septiembre de 2010

Sen título

Lapis alpino e lapis de gafito sobre papel de desfeita

Sen título

Lapis de grafito sobre papel de desfeita

lunes, 13 de septiembre de 2010

Sen título

Acuarela sobre papel de desfeita

domingo, 5 de septiembre de 2010

miércoles, 25 de agosto de 2010

Sen título

Lapis alpino sobre papel de desfeita

domingo, 22 de agosto de 2010

Sen título

Lapis de grafito e lapis alpino sobre papel de desfeita

Sen título



viernes, 13 de agosto de 2010

jueves, 5 de agosto de 2010

Sen título

Lapis de grafito sobre papel de desfeita

Sen título

Lapis graxo sobre papel de desfeita