
miércoles, 30 de diciembre de 2009
miércoles, 23 de diciembre de 2009
martes, 22 de diciembre de 2009
Representando a natureza
Bodegón. Acrílico sobre cartón.Combina varias froitas e trata de conquerir equilibrios ou contrastes entre formas, cores e tamaños.
Fíxate na relación espacial entre os diferentes volumes.
Coloca entre as froitas algún obxecto "alleo": un lapis, unha vela, un frasco, unhas gafas...
Coloca as froitas sobre un pano, papel de xornal, libro, cestiño ou un prato...
¡Hai infinidade de posibilidades!
martes, 15 de diciembre de 2009
Adornos de Nadal 3
Os resultados:
Adornos de Nadal 2
sábado, 12 de diciembre de 2009
Adornos de Nadal

Material necesario:
- Cartón
- Lapis
- Tesouras
Nivel de dificultade: baixo
Escollemos motivos sinxelos: estrela, anxo, vela, piña, campá, boneco de neve, abeto, corazón...

Debuxámolos no cartón e recortámolos; como a plantilla debe ser simétrica, é preferible dobrar e despois recortar. Tamén se pode recortar e despois correxir.
En canto ás dimensións, a altura recomendable é entre 6 e 15 cm; canto máis pequenas máis difíciles de facer, canto máis grandes, menos graciosas. Na parte máis ancha debe ter un mínimo de 5 ou 6 cm e a anchura non debe sobrepasar a altura para que a figura manteña a súa harmonía.
É preferible facer varias plantillas ata dar coa definitiva para estar seguros de acad-los resultados desexados.
Recomendación: é preferible que as plantillas sexan dunha cor diferente á das cartulinas que empregaremos para realizar as figuras definitivas para non confundilas e non ter que forza-la vista á hora de marcalas.










































