sábado, 12 de diciembre de 2009

Adornos de Nadal


Plantillas para a realización de figuriñas en tres dimensións:
Material necesario:


  • Cartón


  • Lapis


  • Tesouras

Nivel de dificultade: baixo


Escollemos motivos sinxelos: estrela, anxo, vela, piña, campá, boneco de neve, abeto, corazón...




Debuxámolos no cartón e recortámolos; como a plantilla debe ser simétrica, é preferible dobrar e despois recortar. Tamén se pode recortar e despois correxir.


En canto ás dimensións, a altura recomendable é entre 6 e 15 cm; canto máis pequenas máis difíciles de facer, canto máis grandes, menos graciosas. Na parte máis ancha debe ter un mínimo de 5 ou 6 cm e a anchura non debe sobrepasar a altura para que a figura manteña a súa harmonía.




É preferible facer varias plantillas ata dar coa definitiva para estar seguros de acad-los resultados desexados.




Recomendación: é preferible que as plantillas sexan dunha cor diferente á das cartulinas que empregaremos para realizar as figuras definitivas para non confundilas e non ter que forza-la vista á hora de marcalas.


No hay comentarios:

Publicar un comentario