Precisamos 12 grupos de estrelas; tres ou catro estrelas cada grupo, segundo o tamaño que queiramos para a coroa e a habilidade que teñamos para plegar.
Traballaremos coma sempre con papel de desfeita: follas de revistas, folletos, anacos de papel de regalo...
Para que resulte máis vistosa é bo escoller unha cor predominante e unha cor secundaria que iremos combinando; por exemplo, o verde coma cor principal e amarelos e ocres coma secundarios; tamén podemos xogar con tonos quentes e fríos, segundo o ambiente no que a imos colocar...


No hay comentarios:
Publicar un comentario