Pintura acrílica sobre cartuliña
O MURO é unha proposta de traballo transversal con obxectivos tan dispares como dar a coñecer ós alumnos maiores o concepto de MURO nas redes sociais ou botar unha ollada ó grafiti como técnica de comunicación e expresión artística de carácter fundamentalmente urbán.
Misturamos técnicas tradicionais sobre un soporte físico (papel, cartuliña, cartón...) sobre os que aplicamo-los pigmentos con lapis, pincel, esponxa, espátula, rotulador, etc., coas técnicas que nos ofrecen as novas tecnoloxías sobre soporte virtual.




No hay comentarios:
Publicar un comentario