viernes, 29 de junio de 2012

Sen título




Sen título





O Diario Creativo (9)


Fragmentos dos Diarios de Mariana Canabal a propósito do valor terapéutico do Diario



jueves, 28 de junio de 2012

O Diario Creativo (8)





O Diario Creativo (7)


ALGUNHAS IDEAS PARA O TEU DIARIO

A FALA POPULAR:
Anota no teu Diario refráns, ditos e expresións da fala popular que escoites durante as túas vacacións. Procura, se é posible, averiguar a procedencia da persoa que as emprega. Anota tamén o que coidaches que quería dicir no contexto no que a escoitaches.

Exemplo:
Meiga non eres, que tés pelo;
(C.G., concello de Vedra)

O Diario Creativo (6)


ALGUNHAS IDEAS PARA O TEU DIARIO

MEMORIA MUSICAL:
Exercita a túa memoria musical e trata de lembrar a letra, aínda que só sexa parcialmente, dalgunha cantiga de túa infancia, mocidade...
Exemplo:
Yo vendo unos ojos negros
quien me los quiere comprar
los vendo por traicioneros
porque me han pagado mal.

Más que quisieras,
más te amo yo
y toda la noche la paso
suspirando por tu amor. (Retrouso)

Cada vez que tengo penas
me voy a la orilla del mar
a preguntarle a las olas
si han visto a mi amor pasar.

Ojos negros hechiceros
porque me miráis así,
tan alegres para otros
y tan tristes para mí.

Cantábaa Lucho Gatica, ¿lembras?

O Diario Creativo (5)


ALGUNHAS IDEAS PARA O TEU DIARIO

DEBUXO:
Se che gusta o debuxo ou a pintura aproveita para facer apuntes ó natural de árbores, plantas, froitos, paisaxes...
Se non é o caso, podes aproveitar a ocasión para comezar unha práctica que chegará a converterse en algo moi gratificante. Non importa a perfección naturalista que todos buscamos ó comezo; pouco a pouco mellorará o teu pulso, os teus dedos serán máis áxiles e os teus ollos captarán detalles e matices que antes che pasaban desapercibidos.



O Diario Creativo (4)


ALGUNHAS IDEAS PARA O TEU DIARIO

RECEITAS:
Vas preparar unha merenda-cea para convidar ós teus viciños; queres compartir con eles un tempo de lecer para mostrarlle o teu agradecemento pola súa compañía. Fai tres propostas de menús, sopesa as ventaxas e dificultades de cada un e toma unha decisión razoada.

MENÚ 1
MENÚ 2
MENÚ 3













Escribe a receita dalgún dos pratos do menú elexido seguindo o esquema:
Ø  Ingredientes
Ø  Elaboración
Ø  Presentación

O Diario Creativo (3)


ALGUNHAS IDEAS PARA O TEU DIARIO

TRABALINGUAS:
Constrúe un trabalinguas “tradicional” ó estilo de
“LAS PUERTAS DE MI BALCÓN
MAL ENTREBINCUADRILLADAS SON,
TENGO QUE LLAMAR AL DESENTREBINCUADRILLADOR
QUE ME LAS VENGA A ENTREBINCUADRILLAR MEJOR.
EL ENTREBINCUADRILLADOR QUE ME LAS ENTREBINCUADRILLE
BUEN ENTREBINCUADRILLADOR SERÁ”

empregando como base outras palabras coma ENCUADERNAR, PRECINTAR, CALAFATEAR, CLASIFICAR, CALIFICAR, ENTRENAR,  etc. coma no exemplo:

“OS LIBROS DA BIBLIOTECA
ESTÁN MAL ENCUADERNADOS,
TEÑO QUE CHAMAR O ENCUADERNADOR
QUE MOS VEÑA ENCUADERNAR MILLOR.
O ENCUADERNADOR QUE MOS ENCUADERNE
BO ENCUADERNADOR SERÁ”

O Diario Creativo (2)



PERSONALIZAR AS FOLLAS DO DIARIO: Podes debuxar diferentes motivos nas esquinas das páxinas ou na súa marxe, segundo os exemplos.


  


Se che somella moi complicado debuxar, empregas tesouras e recorta algunhas formas caprichosas dunha revista ou folleto. Lembra que traballaremos sempre que sexa posible con material de desfeita.






O Diario Creativo


O DIARIO CREATIVO é unha proposta común para os alumnos dos Obradoiros de Estimulación Cognitiva e Creatividade Aplicada coa finalidade de que segan exercitando algunhas habilidades durante as vacacións estivais.

O nome de Diario suxire a idea dunha certa continuidade, pero non obrigada, senón flexible; e a calidade de “creativo” deriva da liberdade de cada un á hora de elaboralo: no Diario podemos escribir (pensamentos, receitas de cociña, refráns, ditos, palabras que nos chamaron a atención,  adiviñas, trabalinguas, anécdotas...), debuxar, pintar, pegar (unha postal, un recorte de xornal, unha entrada para un concerto, un billete de autobús...).

É preferible un cuaderno convencional, pero non imprescindible, tamén podemos traballar con follas soltas;  neste caso recomendamos ter unha carpeta na que ir arquivando todo o material para que non se perda.
Outros útiles que nos poden servir:
·         tesoiras para recortar;
·         cola para pegar;
·         lapis de cores, rotuladores, ceras ou calquera outro material para ilustrar;























Tamén podemos elaboralo sobre un soporte informático: word, power point, blog, facebook... Todo dependerá dos coñecementos de cada un.