jueves, 28 de junio de 2012

O Diario Creativo


O DIARIO CREATIVO é unha proposta común para os alumnos dos Obradoiros de Estimulación Cognitiva e Creatividade Aplicada coa finalidade de que segan exercitando algunhas habilidades durante as vacacións estivais.

O nome de Diario suxire a idea dunha certa continuidade, pero non obrigada, senón flexible; e a calidade de “creativo” deriva da liberdade de cada un á hora de elaboralo: no Diario podemos escribir (pensamentos, receitas de cociña, refráns, ditos, palabras que nos chamaron a atención,  adiviñas, trabalinguas, anécdotas...), debuxar, pintar, pegar (unha postal, un recorte de xornal, unha entrada para un concerto, un billete de autobús...).

É preferible un cuaderno convencional, pero non imprescindible, tamén podemos traballar con follas soltas;  neste caso recomendamos ter unha carpeta na que ir arquivando todo o material para que non se perda.
Outros útiles que nos poden servir:
·         tesoiras para recortar;
·         cola para pegar;
·         lapis de cores, rotuladores, ceras ou calquera outro material para ilustrar;























Tamén podemos elaboralo sobre un soporte informático: word, power point, blog, facebook... Todo dependerá dos coñecementos de cada un.


No hay comentarios:

Publicar un comentario