jueves, 6 de septiembre de 2012

Moda en papel


Trátase dunha folla de revista ou dun rectángulo de papel calquera que plegamos, enrugamos, modelamos só coas mans, sen axuda de tesouras nen pegamento.
Exercitamo-la sicomotricidade fina ó mesmo tempo que creamos diguras máis ou menos suxerentes.


Podemos optar por figuras planas que lembran as mariquiñas coas que xogaban as nenas, inclusive case mociñas, nos anos 40, 50 e 60.
Unha vez que se enruga o papel e que se lle dá a forma desexada, adquire volume, a primeira solución que se nos ocorre para aplastala é a de empregar algo plano e pesado, coma un libro gordo, por exemplo, ou mesmo o ferro. Tamén podemos facelo pechando o puño e repasando as dobreces co pulgar; podemos utilizar algún obxecto que teñamos á man (un lapis, un mecheiro...). Os resultados serán diferentes en cada caso.

Figuras con volume, en tres dimensións; neste caso hai que conquerir que a figura se manteña en posición vertical...



No hay comentarios:

Publicar un comentario