lunes, 30 de diciembre de 2013
domingo, 24 de noviembre de 2013
martes, 5 de noviembre de 2013
Mariquiñas (5)
A realización das
mariquiñas, ademais de permitirnos coñece-los materiais e as técnicas que
empregaban, serven para evocar outros xogos da infancia e da adolescencia, as
diferenzas de xénero no tocante ós xogos e a súa función pedagóxica, así como a
súa prevaleza segundo as épocas do ano, o ámbito rural ou urbano e os grupos
sociais.
As mariquiñas eran unha
actividade principalmente urbana,
pois no rural preferíanse os xogos ó aire libre e/ou os xogos de grupo; case
exclusivamente feminina e das clases
sociais máis acomodadas e estaba ben
vista polos adultos e polos mestres.
“As nenas, algunhas case mociñas, entretíñanse debuxando e recortando vestidos
de papel que deseñaban e coloreaban as máis das veces sobre as follas das
libretas escolares que quedaban sen usar a final de curso (...) Non só
debuxaban vestidos, senón tamén sombreiros, pamelas, botas, bulsos e outros
complementos, algúns deles de reducido tamaño: brazaletes, diademas, cintos...
desenvolvendo así a súa creatividade... ”
(Fragmento dos Diarios
de Mariana Canabal).
Ás veces convertíase nun
xogo interxeracional no que colaboraban as nais, as tías ou as avoas.
O xogo require, ademais dunha
serie de material, un espazo propio onde desenvolvelo e logo onde gardalo para
outras ocasións...
“...cando se cansaban de xogar, gardábanas coidadosamente
nunha caixa de zapatos ou de sombreiros, que agochaban no alto do roupeiro ou
debaixo da cama para que os irmáns más cativos non llas botaran a perder...”
(Fragmento dos Diarios
de Mariana Canabal).
viernes, 27 de septiembre de 2013
A Victoria de Samotracia
Coincidindo coa campaña lanzada polo museo do Louvre con vistas a captar fondos para a restauración da peza, inspirámonos nela para realizar algunhas figuriñas en papel, enrugando, modelando, plisando... só coas mans, sen axuda de tesoiras nen pegamento.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)




















































