martes, 5 de noviembre de 2013

Mariquiñas (5)


















A realización das mariquiñas, ademais de permitirnos coñece-los materiais e as técnicas que empregaban, serven para evocar outros xogos da infancia e da adolescencia, as diferenzas de xénero no tocante ós xogos e a súa función pedagóxica, así como a súa prevaleza segundo as épocas do ano, o ámbito rural ou urbano e os grupos sociais.
As mariquiñas eran unha actividade principalmente urbana, pois no rural preferíanse os xogos ó aire libre e/ou os xogos de grupo; case exclusivamente feminina e das clases sociais máis acomodadas e estaba ben vista polos adultos e polos mestres.
“As nenas, algunhas case mociñas,  entretíñanse debuxando e recortando vestidos de papel que deseñaban e coloreaban as máis das veces sobre as follas das libretas escolares que quedaban sen usar a final de curso (...) Non só debuxaban vestidos, senón tamén sombreiros, pamelas, botas, bulsos e outros complementos, algúns deles de reducido tamaño: brazaletes, diademas, cintos... desenvolvendo así a súa creatividade... ”
(Fragmento dos Diarios de Mariana Canabal).

Ás veces convertíase nun xogo interxeracional no que colaboraban as nais, as tías ou as avoas.
O xogo require, ademais dunha serie de material, un espazo propio onde desenvolvelo e logo onde gardalo para outras ocasións...
“...cando se cansaban de xogar, gardábanas coidadosamente nunha caixa de zapatos ou de sombreiros, que agochaban no alto do roupeiro ou debaixo da cama para que os irmáns más cativos non llas botaran a perder...”
(Fragmento dos Diarios de Mariana Canabal).

















No hay comentarios:

Publicar un comentario