martes, 19 de enero de 2010

Creando coas palabras

Escribe unha historia coas seguintes palabras:
tarde, choiva, praza, campá, venres, patacas (total: 6 palabras)

Era pola tarde e non parara de caír a choiva na praza con tanta forza que apuro se escoitaba o toque da campá chamando ó Rosario; era venres e comera patacas con bacallao.

Escribe agora a historia do revés:
Comera patacas con bacallao porque era venres; agardaba o toque da campá chamando ó Rosario; tiña medo de non escoitala porque na praza non deixara de caír a choiva con forza toda a tarde.




No hay comentarios:

Publicar un comentario