domingo, 31 de enero de 2010

A creatividade

Pluma estilográfica sobre papel de desfeita


A creatividade, ó meu entender, ten a súa orixe na necesidade, ben sexa de resolver dificultades ou de economizar recursos ou de expresar por medio da comunicación pensamentos e sentires que é preciso compartir.

A creatividade non xurde da ociosidade porque sen actividade non hai aprendizaxe e unha inactividade prolongada fai que as persoas perdan as habilidades adquiridas.

En Galicia é moi popular a expresión "xa perdín as mañas" que describe á perfección un feito ben coñecido de tódolos que traballamos con adultos maiores.

A ACTIVIDADE É SAÚDE

No hay comentarios:

Publicar un comentario